Inicio

Campos de Vilance é unha casa de labranza moi típica da zona, situada na comarca da Ulloa, nun extremo da aldea de Vilance-Balboa, prácticamente illada. Desde ela contémplase o val e un camiño duns 700 metros conduce ao río Ulla que nace preto de alí.

Cuidadosamente restaurada respectando a estrutura orixinal, divídese en 4 apartamentos con capacidade para 4-6 persoas cada un, unha cociña e un comedor común para o seu uso por grupos que aluguen dous ou máis apartamentos. É xa que logo ideal tanto para familias como para grupos. Os laterales da casa están rodeados por xardín e un amplo prado.

Ao estar no centro xeográfico de Galicia, é un magnífico punto de partida para coñecer esta comunidade. A súa contorna é de gran beleza e hai multitude de pequenas excursións para descubrir unha Galicia interior pouco coñecida.

Pola súa proximidade ao Camiño de Santiago, moitos dos nosos visitantes toman a casa como base para realizar as diferentes etapas do Camiño de Santiago Galego.

 

Vilance-Balboa, 1.  Monterroso. Lugo (España)

Tfnos.: (+34) 695 189 360//(+34) 652 353 719  

mail: irenemi@saludalia.com

Contacto: Irene de Miguel Barahona