Inicio

No concello de Ribas do Sil ( provincia de Lugo) no medio da ladeira entre a Serra de A Moá e o río Sil atópase a aldea de Vilar do Mato e e nela está a nosa casa, O Verxel.

É unha antiga casa de labranza do século XVIII rodeada por unha ampla finca de 10 Has. con viñedos, soutos, prados, árbores froiteiras, horta e xardín.

Restaurada recentemente, conservando a pedra orixinal así como a estructura da cuberta, vigas e cargadeiros de madeira de castiñeiro.

O Verxel está formada por varias edificacións: a casa principal, que consta de cinco habitacións, salón con lareira, ampla cociña-comedor e adega, outra casa maís pequena na que se ubica unha habitación especial cunha ampla terraza corredor e un cobertizo con forno, barbacoa e alpendre.

Todas as habitacións son dobles, teñen baño, chan de madeira e algunha das paredes de pedra vista. Están decoradas con mobles rústicos de madeira, con cabeceiros de ferro restaurados procedentes da propia casa ou algunha peza de anticuario. Cada habitación ten o seu propio encanto, pintada cunha cor diferente e cun nome referido algún elemento da finca: O Patiño, A Capela, A Solaina, ….

O salón acolledor e confortable con sofás e bancos-escano para disfrutar das longas tarde do inverno ao carón do lume lendo un libro, de tertulia ou saboreando un licor caseiro.

A cociña-comedor ocupa un  amplo espazo na casa, con sólidas mesas e sillas de madeira de castiñeiro e estufa de leña.