Inicio

Vaguadaventura é unha empresa que se dedica a actividades de augas bravas: Rafting, canoraft, Kayak, Hidrospeed e Canoas no río Miño, no tramo que vai desde o embalse de Frieira á poboación de Arbo. 

Máis alá da práctica destes deportes poderá gozar navegando entre duas culturas (España e Portugal) das bellísimas paisaxes, da flora e fauna que nos ofrece o río Miño e a súa contorna. Poderán tamén admirar as pesqueiras milenarias que hai durante o percorrido polo río, para a pesca das lampreas.

O aporte de auga está garantido polo embalse de Frieira, o que fai que estes deportes practíquense preferentemente nos meses de Abril a Setembro, cando as temperaturas son máis calidas.

Vaguadaventura conta no seu equipo con monitores especializados que dirixen as actividades e aseguran todo o material para a práctica destes deportes.

Todas as nosas actividades realízanse no Río Miño. A facilidade de acceso ao río e a temperatura cálida do auga fan do río Miño un lugar ideal para a práctica destas actividades.

O noso local atópase situado nun pobo chamado LOMBA, está no noroeste de España, no sur de Galicia, na comarca de Arbo. Ten conexións viales con Vigo, Orense e Madrid, tamén con Portugal a través da ponte internacional.

Si vés de lonxe e apetéceche quedarche pola zona non dubides en consultarnos. Para a túa comodidade che xestionamos albergues, camping, restaurantes, etc.

 

¿Lembras cando foi a última vez que fixeches algo por primeira vez?

Rafting Vaguada: Telf.: (+34) 616 95 95 97 - email: vaguada_aventura@hotmail.com

www.vaguadaventura.com