Inicio

Esta antiga casa de labranza de 1920 está situada á beira do encoro de Santa Uxía, entre montañas e a tan só catro minutos da praia de Ézaro.

A aldea de Santa Uxía quedou parcialmente alagada polo encoro do Ézaro, o que provocou o seu abandono, e posterior recuperación conservando as características da arquitectura popular galega así como o encanto das nosas aldeas.

Restaurada respectando os elementos arquitectónicos tradicionais, dispón de sete habitacións dobres con baño desde as que se pode gozar de fermosas vistas, un acolledor salón con cheminea, un amplo comedor no que degustar a nosa cociña tradicional e unha terraza con xardín xunto ao encoro. As nosas habitacións teñen nome propio.

"O teu lugar de descanso ideal , onde o Río Xallas fúndese co mar formando a espectacular Fervenza do Ézaro, nunha incomparable paraxe coroada polo Monte Pindo"