A Casa do Morcego é unha típica casa de labranza galega construída no ano 1870 cos elementos constructivos típicos galegos: pedra e madeira. A edificación conta cunha superficie construída de 415,90 m2 nunha leira de 3013 m2.
Dipone de 5 habitacións. A casa conta tamén cun amplo salón, comedor, biblioteca, xardín con árbores frutais e piscina. Todos os espazos son amplos e equipados con mobiliario de calidade mesturando o antigo co moderno.
O fundamento de "Casa do Morcego", é ofertar un turismo de calidade, alternativo e diferenciado: turismo cultural e turismo "natural", que mostre aos seus hóspedes o estilo de vida desta zona, Porto do Cabo en particular e Galicia en xeral.
Faise unha aposta polas enerxías alternativas (solar e biomasa para auga quente e calefacción), e polo reciclaxe.
Porto do Cabo. Vilarrube. Valdoviño. A Coruña.
Tel. 981 483 282 - Móbil: 646 468 573//665 214 723