Benvidos á "Casa de Marcelo ", queremos presentarvos a nosa casa de turismo rural en Padrón - A Coruña, desexamos que lles guste e gocen dunha estancia agradable.
Antiga casa de labranza que data de 1898 hoxe convertida nunha casa rural con encanto dedicada ao aloxamento rural.
Restaurámola e acondicionamos con mino en 1993 conservando a arquitectura que caracteriza este tipo de casas.
Coidamos todos os detalles da restauración, sobre todo o seu interior, chea de pequenos detalles que esperta unha agradable sensación de benestar, segundo a opinión dos viaxeiros que nos visitan.
Situada a 19 quilómetros de Santiago de Compostela e a 5 quilómetros do centro urbano da ilustre vila de Padrón no tranquilo e pintoresco val do río Ulla, famosa pola pesca da lamprea e á beira de herbón, mundialmente coñecido polo cultivo dos "pimientos de padrón", ¿recordan aquilo de? uns pican e outros non.
Non temos "Q" pero os nosos visitantes dannos un aprobado alto.