Inicio

Bienvenid@s a REITORAL DE CHANDREXA

A casa do cura é agora vivenda familiar compartida como espazo de agroturismo.

No marco da Agricultura Ecolóxica coidamos da horta, da vuña, dos castiñeiros, os frutales, animais, para compartir convosco o noso pan, o viño e alimentos variados que mostran nos seus os seus sabores os saberes antigos e novos, e o respecto e amor á vida da terra e das persoas.

Situada na Ribeira Sacra, non Canón do Sil, nunha pequena aldea a 5km de Parada de Sil.


Na Reitoral de Chandrexa cremos nun turismo sostible que aporte aos viaxeiros a singularidade dun destino e á poboación que os recibe recursos que reforcen a súa economía local. Con estes criterios, e procurando sempre a máxima calidade, ofrecémosvos menús tradicionais ou vexetarianos creados a partir das materias primas da zona, (na súa maioría producidos na casa) e claramente estacionais. No inverno domina o porco (na casa criamos porco celta), e as castañas que secamos en sequeiro trdicional, as ensaladas de primavera, as cremas de verduras ou os platos con cogumelos. No verán a horta nos regala toda a súa variedade, e ademais dos tomates recén colleitados estamos aínda a tempo de saborear a tenreira ou o año biolóxicos. Para as persoas vexetarianas temos sempre unha alternativa vexetal.

Toda a verdura que servimos é de cultivo biolóxico e producción propia: Se algún ingrediente, ocasionalmente, procede da agricultura convencional, facémolo saber. Tamén proceden da agricultura ecolóxica os cereais, pastas, fariña e azúcar de caña. A auga é de manantial.

O pan da casa elabórase con fariñas de trigo e centeo de cultivo biolóxico, moídas en muíño de pedra. O farelo extráese parcialmente. Amasamos con lévedo (masa nai), sal, e auga de manantial. Está cocido en forno de leña tradicional.

O viño da casa, de elaboración propia, procede de uvas cultivadas en Rabacallos, con manexo ecolóxico desde 2003, de castes xerez, garnacha, mencía e brancellao.

En cuanto as carnes, abandonamos a cría de años para adicarnos ao porco celta. Seguimos ofrecendo año, sen embargo, xa que as nosas ovellas non están moi lonxe e seguen criadas de xeito ecolóxico. A terneira ecolóxica, da raza autóctona caldelá, procede dunha ganderia de Montederramo.

Os queixos: o de vaca procede dunha ganderia ecolóxica de Palas de Rei.
Cremoso e o “de nabiza”- curado-. D.O. Arzua-Ulloa.

O de ovella, ainda que non é ecolóxico, apostamos por el, ao se tratar dun producto local, artesano e de gran calidade.

 

CONTACTO

A Casalta 6A - Chandrexa-Parada do Sil

32747 Ourense

Tel. 988208099 -Fax. 988208099

e-mail: rchandrexa@gmail.com