Inicio

A Casa dos Cancelos está ubicada nunha tranquila aldea chamada Trabanca Sardiñeira, en Vilagarcía d'Arousa (Pontevedra), onde o Ulla verque as súas augas á Ría de Arousa —a máis suave das Rías Baixas. Antigamente, a casa era propiedade da familia coñecida coma Os Cancelos, e aínda se lle lembra como Casa de María A Cancela, de tradición marisqueira e de labranza.

Construida a comezos do Século XX, ten sido recentemente restaurada, conservando os detalles dunha casa de aldea e mantendo todo o seu encanto. Na súa ampla finca podemos desfrutar da tranquilidade e do descanso.

A casa conta con 6 cuartos repartidos en dous andares. A parte baixa acolle 3 cuartos, un deles adaptado para persoas con movilidade reducida. Todos os cuartos dispoñen de baño próprio.

Invitámoslle a desfrutar dos nosos acolledores espazos, coma o salón, cuxa calidez anima á charla ou, simplemente, a desfrutar do calor dunha cheminea no inverno. Cada estancia da casa posúe unha personalidade própria, con mobiliario, decoración e arquitectura específicas.