Bienvenid@ á CASA DE BREA.
Casa rural totalmente restaurada pedra e madeiras autóctonas segundo o modelo tradicional galego na que se coidou ata o último detalle para facer que a súa estancia sexa inesquecible.
Situada en plena natureza pero a tan só 2 Km. da Estrada que ademais de estar moi ben situada e comunicada coas principais cidades de Galicia, dispón de todo tipo de servizos.
A casa está rodeada de xardín perfectamente acondicionado e valado para gozar da natureza sen preocupacións. As estancias exteriores garanten unha velada ao aire libre moi gratificante.
Está formada por dous edificios que se poden alugar de forma conxunta ou por separado.
A CASA GRANDE consta de 5 habitacións con televisión e cuarto de baño completo en cada unha delas, así como unha bliblioteca, un amplo salón comedor e unha gran cociña amueblada e con todos os electrodomésticos (lavavajillas, horno de 90 cm, nevera, microondas, lavadora, etc.)
A CASA PEQUENA consta de 3 habitacións con televisión e cuarto de baño, unha delas adaptada para persoas en cadeira de rodas e ten unha cociña americana.
Casa de Turismo Rural de aluguer íntegro para familias ou grupos
Todo un goce de tranquilidade nunha contorna incomparable