Inicio

Bienvenidos á CASA DÁS AUGAS SANTAS.

En Santa Mariña de Augas Santas atópase este fermoso edificio de máis de 200 anos de antigüidade, situado nun lugar cheo de beleza e que conserva a pureza da paisaxe e o encanto da natureza en estado salvaxe. Este anaco ourensán do Camiño de Santiago aínda conserva toda a grandeza do románico.

É unha casa de aldea, de categoría tipo B, construída en 1800 e renovada completamente en 1997, para abrir as súas portas ao público un ano despois.

Construída en mampostería, conta cunha superficie de 700 m² e consérvase en bo estado.

A NOSA HISTORIA:

En 1996 , fartos do estres da gran cidade na que viviamos, o meu marido e eu, decidimos romper con todo e empezar de novo. Desta idea xurdiu Augas Santas, rehabilitando a casa dos meus antepasados, unha antiga casona de labranza situada no conxunto arqueológico e monumental de Santa Mariña de Augas Santas, a 5 Km da vila medieval de Allariz.

A construción orixinal está datada na segunda metade do século XVIII. Fixemos todo o posible para darlle a calidez e o encanto da casa da avóa.

Poderás gozar de sabrosos almorzos, ceas caseras, animadas charlas no salón, despois do café, da sombra dos castiñeiros centenarios nun día de calor, da piscina de pedra...A maxia de Augas Santas atraparache e formarás parte de nós para sempre.

 

DATOS DE CONTACTO

Tel: 988 442 150