A Avoa María é unha casa tradicional de aldea cunha antigüidade de 200 anos, situada nun enclave incomparable rodeada de árbores, prados, ríos,... cunha finca de 11.000 m2 de extensión.
Canto te asomes á fiestra saberás que atinaches na túa eleción xa que disfrutarás do canto dos paxaros, a tranquilidade absoluta, sen ruidos, nin contaminación; soamente ti, os teus e a natureza.
Un lugar onde te recibirán coa calidez e cariño coa que se recibe a un coñecido, facéndote sentir coma na casa.
Como recoñecemento ao noso labor posuímos o Selo do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino.