Inicio

Dámoslle a bienvenida ao Pazo A Nugalla, un aloxamento de turismo rural que aúna historia e natureza co confort do século XXI. Un lugar acolledor para os que se senten atraídos polas belezas naturais de Galicia, situado nunha contorna privilexiada con toda a maxia e o encanto dos pazos galegos.

Con orixe no século XVI, da man da Orde de San Juan de Jerusalén, posteriormente transformado en residencia familiar no século XVIII, o pazo foi cuidadosamente restaurado por un dos arquitectos máis sobresalientes de Galicia, enchéndoo de luz e de belas perspectivas sobre a paisaxe que o rodea con todos os elementos necesarios para asegurarlle unha estancia tranquila e agradable.

O seu óptima situación, próxima ao mar e a Santiago de Compostela, que está a menos de trinta minutos, con boas conexións con vías rápidas, é ideal para facer excursións e como base para descubrir Galicia.

Veña a gozar do noso pazo, decorado con apreciables pezas de arte e antigüidades, das súas habitacións, cada unha elas deseñada dun modo peculiar, da piscina, do xardín e da marabillosa contorna que o rodea.