Inicio

A Casa Abeleiras atópase moi preto da linde entre as provincias de A Coruña e Lugo, no mesmo corazón do sobranceiro concello de Sobrado dos Monxes. Xunto co valor histórico do lugar, as Abeleiras constitúe un punto de encontro perfecto entre turismo moderno e tradición.

Nas Abeleiras poderá desfrutar da natureza máis indómita xunto coas estampas máis típicas da Galicia rural, todo isto sen esquecer que a casa está ben comunicada con importantes centros urbanos como A Coruña ou Santiago de Compostela.

Precisamente, un dos principais intereses da Casa é a súa ubicación estratéxica nas Rutas Xacobeas. O Camiño Francés pasa a escasos metros do Lugar de Abeleiras, sendo un dos máis transitados polos peregrinos.